Cada ano, as contas do Centro Asociado da UNED de Pontevedra pasan por unha serie de controis externos que garanten unha correcta xestión económica dos seus recursos.
Con carácter xeral e durante o primeiro trimestre de cada exercicio, a Dirección do Centro presenta as contas anuais aos representantes das institucións que integran o Consorcio do Centro Asociado da UNED de Pontevedra para a súa aprobación. Cómpre lembrar que o Consorcio está integrado na actualidade pola Deputación de Pontevedra, o Concello de Pontevedra, a Consellería de Educación da Xunta de Galicia, as empresas ENCE e a UNED.
Por outra banda, cúmprense os requisitos exixidos tanto pola Auditoría Interna da Sede da UNED como pola Intervención Xeral da Administración do Estado (IGAE) a través da Vicerreitoría de Centros Asociados.
Por último, o Centro cumpre coas súas obrigas tributarias fronte á Axencia Tributaria, o que obviamente supón outro medio de control da xestión económica realizada.